
O Trícole organiza un concerto de guitarra e guitarra e frauta en Sober
Cantamos na igrexa de Santa María de Pesqueiras nun acto organizado pola Asociación amigos do Románico
Un ano máis é fermoso participar neste acto organizado pola Asociación Amigos do Románico
Participamos no Programa Música no Camiño de Santiago e música para camiñar
Na Igrexa de Cadeiras , Pinol Sober actuaremos para amenizar esta andaina , o día 10 sobre as 12:30.
“CÓNTOCHE UN TRAXE” CON MONTSE RIVERA
O Trícole participa na II Escaleira Literaria de Sober
OBRADOIRO DE TÉCNICA VOCAL
Non dubidedes en participar nesta actividade. Belén Monís formouse como cantante no Conservatorio Karl Nielsen de Ourense, estudando técnica vocal e solfexo. Graduouse como titulada en Canto Moderno Rock&Pop polo Conservatorio Trínity College de Londres . Graduada como Técnico superior en Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos con matrícula de honra, cursou estudos de Educación Social e desenvolveu un labor como docente de Canto e Expresión vocal en varias escolas de música de Ourense
Organizamos un obradoiro de regueifas con Pinto D’Herbón e Luis O Caruncho
Cantamos panxoliñas en Sober
CONCERTO DIDACTICO A CARGO DE ROSA SANCHEZ E PABLO CARPINTERO
O concerto didáctico “Música e evolución” pretende principalmente amosar e por en valor o noso patrimonio cultural musical, pero tamén falar da música como manifestación cultural esencial para os humanos. Así, no concerto explícanse as últimas teorías científicas sobre o que é a música e que o sentido que tivo e ten dentro da nosa evolución como especie. O discurso vai guiado pola analoxía que existe entre a evolución da nosa especie nos últimos catro millóns de anos e o desenvolvemento musical das nenas e dos nenos galegos. Neste concerto amosamos 42 instrumentos musicais diferentes, dos máis de 160 documentados en Galicia. Por outra parte, este concerto contén tamén unha fonda revision do papel esencial que as mulleres xogan na música humana.