“CÓNTOCHE UN TRAXE” CON MONTSE RIVERA

Montse Rivera mostraranos como era a roupa que usaban os nosos antepasados contada dende unha perspectiva divertida e amena. Un xeito fermoso de explicar que pezas tiña a roupa dos nósos antergos. Xogando a vestirnos coma eles, vendo así as diferenzas que hai entre antes e agora .

OBRADOIRO DE TÉCNICA VOCAL

Non dubidedes en participar nesta actividade. Belén Monís formouse como cantante no Conservatorio Karl Nielsen de Ourense, estudando técnica vocal e solfexo. Graduouse como titulada en Canto Moderno Rock&Pop polo Conservatorio Trínity College de Londres . Graduada como Técnico superior en Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos con matrícula de honra, cursou estudos de Educación Social e desenvolveu un labor como docente de Canto e Expresión vocal en varias escolas de música de Ourense